|
No mes de setembro de 2000 púxose en marcha o Instituto Superior de Tecnoloxía e Deseño Téxtil de Allariz, co obxectivo de paliar as deficiencias formativas que en Galicia existen nesta área e, ao mesmo tempo, converter Allariz nun referente dentro do sector téxtil.
Para conseguilo, o Concello de Allariz e a Fundación Ramón González Ferreiro, asinan un convenio de colaboración coa Asociación Textil de Galicia (na que participan deseñadores do prestixio de Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Antonio Pernas, Florentino, Caramelo, etc.) e coa Escola Superior de Deseño e Moda Felicidad Duce de Barcelona que posibilite, por un lado, a conexión directa da Escola coas empresas do sector, co fin de garantir a formación máis axeitada e práctica posible e, por outro, o contido formativo coa incorporación ao proxecto dunha escola de importancia internacional como FD Moda de Barcelona. |