Neste equipamento de Educación Ambiental realízanse actividades para grupos organizados e visitantes ocasionais de todas as idades. A súa construcción, levouse a cabo seguindo criterios bioclimáticos e coa instalación de enerxías renovables para un mellor aproveitamento dos recursos naturais e coherencia co proxecto educativo. Tamén se tivo en conta a eliminación das barreiras arquitectónicas, para permitir o acceso en condicións de igualdade a persoas con algunha discapacidade física.

SITUACIÓN

No Ecoespacio do Rexo, nas ribeiras do río Arnoia (Allariz).

ACTIVIDADES

O centro conta cun proxecto educativo no que se inclúen actividades medioambientais adaptadas ás distintas idades, necesidades educativas especiais, etc., impartidas por un equipo de educadores/as ambientais que conta cunha grande experiencia.

  
 

Entre as actividades ofertadas atópanse as seguintes:

  •  “A vivenda bioclimática”: enerxía solar, bioconstrucción e depuración natural de augas.
  • A granxa”: visita á granxa e queixería de ovino do Rexo e elaboración de queixo.
  • A reciclaxe”: elaboración de xabón, papel reciclado e compost.
  • O home e a natureza”: usos das plantas, cestería e horta ecolóxica.
  • O bosque”: os cogumelos, as árbores, etc.
  • Itinerarios interpretativos medioambientais e etnográficos: A Padela, O Canelar, O río Arnoia, etc.

      
 
   

Duración: Estadías de dúas horas e media, unha xornada, tres e cinco días. Para as estancias contamos co albergue xuvenil da Fundación.

Destinatari@s: alumnado dos Centros educativos de infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP, profesorado dos centros educativos, asociacións xuvenís, asociacións culturais e recreativas, asociacións da terceira idade e visitantes ocasionais.