|
Outros cursos que imparte a Fundación que están homologados polo Plan FIP :
- Gandeiro de ovino e cabrún - Elaborador de queixo - Cultivador de plantas forraxeiras e pratenses
Para garantir a solvencia técnica das materias impartidas na Escola, a Fundación asina un convenio de colaboración con OVICA (Asociación de Ovino-Caprino de Galicia), e coa Universidade de Santiago. Así mesmo, para a explotación do rabaño e a fabricación de queixo créase unha sociedade limitada entre a propia Fundación e o Concello de Allariz, denominada Granxa Educativa Agrogandeira S.L., (EDUCAGRO), para a comercialización do queixo.
Para a visita e explicación deste proxecto a Fundación ten un servizo de visitas guiadas das instalacións destinadas a diversos organismos, institucións (colexios, asociacións...) e particulares.Para elo solicite a través da nosa web , pode descargar a solicitude para facer a súa visita:
Descargar archivos |