A Fundación Ramón González Ferreiro mediante un convenio de colaboración coa Sociedade Galega de Medicina Xeral permitiu a creación, en Allariz, da Escola Galega de Ultrasonografía Clínica tendo o seu domicilio social na sede da Fundación.

Esta Escola ten como obxectivos xerais:

Promover o coñecemento e uso da ecografía no ámbito profesional do médico xeral de familia, maiormente de Atención Primaria.

Impactar coa aplicación nos índices de saúde da comunidade, coa mellora que iso supón na oferta de coidados Satisfacer a demanda asistencial de probas de imaxe.

Contribuír á racionalización de custos e xestión das listas de espera para a realización de probas complementarias de imaxe.

   
  
 
   

Obxectivos específicos:

Mellorar a competencia e competitividade do médico xeral de familia.

Satisfacer as aspiracións de desenvolvemento e progreso profesional.

Mellorar o nivel de autoestima profesional e a motivación cara ao estudo.

A programación anual contempla a realización dun curso intensivo de dez días de duración e de cursos curtos durante as fins de semana .

Os destinatarios son os médicos xerais que desenvolven o seu labor asistencial na Comunidade Autónoma Galega, prestando especial interese a aqueles sectores de médicos en desemprego ou en período de formación.